O desemprego non frea no noso territorio acadando este mes a cifra de 13.523 persoas, un 3,25% mais que no mes de decembro de 2009.
03/02/2010
Paro rexistrado en Xaneiro 2010
Posted by updcostadamorte under Informes, Paro rexistrado | Etiquetas: Mercado laboral, Paro |Leave a Comment
07/01/2010
PARO REXISTRADO EN DECEMBRO DE 2009
Posted by updcostadamorte under Informes, Paro rexistrado | Etiquetas: Costa da Morte, Mercado laboral, Pacto, Paro |Leave a Comment
O paro sube por quinto mes consecutivo no territorio da Costa da Morte superando a barreira das 13.000 persoas desempregadas.
Descarga informe PPR decembro09 (846Kb)
03/12/2009
Paro rexistrado. Novembro de 2009
Posted by updcostadamorte under Informes, Paro rexistrado | Etiquetas: Costa da Morte, Mercado laboral, Paro |Leave a Comment
O desemprego aumenta por cuarto mes consecutivo na Costa da Morte, e faino nunha porcentaxe maior que os tres meses anteriores. Sen embargo, a subida é moi inferior á de novembro do ano anterior.
Na seguinte presentación pódense ver de xeito resumido os principais datos do paro e no informe figura unha análise máis pormenorizada por comarcas e concellos.
04/11/2009
Paro rexistrado. Outubro 2009
Posted by updcostadamorte under Informes, Paro rexistrado | Etiquetas: Mercado laboral, Paro |Leave a Comment
O desemprego aumenta por terceiro mes consecutivo na Costa da Morte aínda que nunha porcentaxe menor que na Provincia da Coruña e en Galicia. A pesar deste aumento hai que sinalar que descendeu en sete dos dezanove concellos que forman parte do Pacto.
Na seguinte presentación pódense ver de xeito resumido os principais datos do paro, pero ao igual que todos os meses, tamén se pode descargar directamente o informe completo do paro rexistrado onde figura unha análise máis pormenorizada por comarcas e concellos.
Descarga informe completo do paro rexistrado. Outubro 09 (2,04 Mb)
04/11/2009
Xornada informativa: Axudas á reindustrialización
Posted by updcostadamorte under Xornadas | Etiquetas: Reindustrialización |Leave a Comment
A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira organiza unha reunión para difundir entre os empresarios as axudas para actuacións de reindustrialización convocadas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Os encargados de explicar as axudas serán os técnicos da nosa UPD e o Deputado Xavier Carro.
Lugar: Asoc. de empresarios de Soneira. Polígono do Allo, Baio – Zas
Data: Xoves 5 de novembro
Hora: 20:30 h
04/11/2009
SINISTRALIDADE LABORAL. 3º TRIMESTRE 2009
Posted by updcostadamorte under Informes | Etiquetas: Accidentes laborais, Mercado laboral |Leave a Comment
No 3º trimestre do ano 2009 rexistráronse no territororio do Pacto un total de 334 accidentes laborais o que supón un 28,48% menos que no mesmo trimestre do ano anterior.
03/11/2009
AXOBER. “DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPREGO”
Posted by updcostadamorte under Axudas, Xornadas | Etiquetas: Axudas, Mercado laboral |Leave a Comment
O vindeiro día 6 e 7 de novembro a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) en colaboración co Concello de Carballo, o IGAPE, a Consellería de Traballo e Benestar e a Consellería de Economía e Industria organiza a 1ª Xornada empresarial: “Desenvolvemento da actividade empresarial e emprego”
A xornada está dirixida a empresarios, profesionais independentes, autónomos, emprendedores e técnicos que desexen obter coñecementos para o avance empresarial.
Dentro do programa recóllese a participación da nosa UPD para difundir as axudas para actuacións de reindustrialización do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Máis información na páxina web de AXOBER
23/10/2009
AXUDAS Á REINDUSTRIALIZACIÓN
Posted by updcostadamorte under Axudas, Programas de desenvolvemento | Etiquetas: Axudas, Costa da Morte, Reindustrialización |Leave a Comment
O pasado 2 de outubro de 2009, na reunión organizada polo Concello de Malpica de Bergantiños, o Director Xeral de Industria, Jesús Candil, explicou aos asistentes ás posibilidades que as axudas de reindustrialización do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ofrecen para o noso territorio.
Vista a oportunidade que isto supón para a Costa da Morte, elaboramos unha pequena publicación para dar a coñecer os aspectos fundamentais destas axudas.
O martes, 27 de outubro de 2009, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio publicou a convocatoria xeral de axudas para a reindustrialización no ano 2009.
O prazo de presentación de proxectos finaliza o 3 de decembro de 2009 e deben presentarxe de xeito telemático a través do rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Descarga da presentación (3,69 Mb)
Máis información na páxina do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio
15/10/2009
Evolución da Afiliación no 1º semestre de 2009
Posted by updcostadamorte under Informes | Etiquetas: Afiliación, Mercado laboral |Leave a Comment
A continuación presentamos un pequeno informe relativo a evolución da afiliación no primeiro semestre deste ano 2009. Estes datos xunto cos informes do paro rexistrado, dannos unha idea da situación do mercado laboral no territorio do Pacto Territorial de Emprego da Costa da Morte.
02/10/2009
Informe do paro rexistrado en setembro
Posted by updcostadamorte under Informes, Paro rexistrado | Etiquetas: Paro |Leave a Comment
As cifras de paro rexistrado amosan un incremento de 155 persoas en relación a agosto. É o segundo mes consecutivo en que aumenta o desemprego, que se achega ás 12.000 persoas.
O paro descende en 8 dos 19 concellos que forman parte do Pacto, sendo Ponteceso o que presenta a maior baixada (case o 10%) e Dumbría o que ten o maior incremento (28%).
Por comarcas, o comportamento é inverso ao do mes anterior, cun incremento moi destacado na comarca de Fisterra e un leve descenso en Bergantiños.
Por idades temos que destacar este mes que das 155 persoas nas que se incrementa o paro, 122 son menores de 25 anos.
Finalmente, hai que salientar que o incremento porcentual do paro na Costa da Morte é aproximadamente a metade do que se rexistra na provincia e Galicia.
A comezos da próxima semana publicaremos o informe completo. Xa está dispoñible o informe completo do paro rexistrado no mes de setembro
