O desemprego aumenta por terceiro mes consecutivo na Costa da Morte aínda que nunha porcentaxe menor que na Provincia da Coruña e en Galicia. A pesar deste aumento hai que sinalar que descendeu en sete dos dezanove concellos que forman parte do Pacto.

Na seguinte presentación pódense ver de xeito resumido os principais datos do paro, pero ao igual que todos os meses, tamén se pode descargar directamente o informe completo do paro rexistrado onde figura unha análise máis pormenorizada por comarcas e concellos.

Descarga informe completo do paro rexistrado. Outubro 09 (2,04 Mb)