Decembro 2010


Acaba de saír publicada no DOG nº 249 a lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, que entrará en vigor ós 20 días da súa publicación.

Nesta lei créase o “Rexistro galego de comercio”, co propósito de contar cun censo actualizado dos establecementos e das asociacións comerciais de Galicia. Será público e a inscrición será gratuíta e será condición indispensable para optar a calquera liña de axudas convocadas pola Comunidade Autónoma.

Créase en cada concello a “Mesa local de comercio” que actuará como órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre as distintas administracións públicas da Comunidade Autónoma e os distintos axentes comerciais.

O novo texto regula os centros comerciais abertos, a figura dos outlets, as feiras de oportunidades, así como as promocións en xeral e as rebaixas en particular (cuia duración queda fixada nun mínimo de 1 semana e un máximo de 2 meses, de forma continuada).



Advertisements

A Unidade e Promoción e Desenvolvemento (UPD) da Costa da Morte, informou ós empresarios interesados en solicitar as axudas incluídas no novo plan de reindustrialización que xestiona o Ministerio de Industria. O prazo para presentar as instancias rematou o día 22 de decembro.

O novo equipo da UPD Costa da Morte anúnciavos que en breve poñeremos á vosa disposición a nosa páxina web. Asimesmo, aproveitamos para desexarvos a todos unhas felices festas