Acaba de saír publicada no DOG nº 249 a lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, que entrará en vigor ós 20 días da súa publicación.

Nesta lei créase o “Rexistro galego de comercio”, co propósito de contar cun censo actualizado dos establecementos e das asociacións comerciais de Galicia. Será público e a inscrición será gratuíta e será condición indispensable para optar a calquera liña de axudas convocadas pola Comunidade Autónoma.

Créase en cada concello a “Mesa local de comercio” que actuará como órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre as distintas administracións públicas da Comunidade Autónoma e os distintos axentes comerciais.

O novo texto regula os centros comerciais abertos, a figura dos outlets, as feiras de oportunidades, así como as promocións en xeral e as rebaixas en particular (cuia duración queda fixada nun mínimo de 1 semana e un máximo de 2 meses, de forma continuada).



Advertisements