O Programa de Axudas para Actuacións de Reindustrialización do Ministerio de Industria, turismo e Comercio é un programa rexional que procura un desenvolvemento sostible do territorio a través da rexeneración e/ou creación de tecido industrial e actúa prioritariamente naquellas zonas desfavorecidas, fomentando a inversión tanto en infraestruturas industriais coma en iniciativas empresariais de carácter produtivo.
A Costa da Morte acude á convocatoria xeral da subvención, que para o ano 2010 conta cun orzamento total de 128.721.460 €, correspondendo 2.921.460 € a subvencións e 125.800.000 € a créditos reembolsables.

Vista a oportunidade que isto supón para o noso territorio,  elaboramos unha pequena publicación para dar a coñecer os aspectos fundamentais destas axudas.

Descarga da presentación (3,69 Mb)

Mais información Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Charlas informativas sobre as axudas para actuacións de

reindustrialización

Data

Hora

Lugar

Entidade organizadora

05/11/2009 20:30 O Allo-Zas Asoc. Empresarios Comarca de Soneira
06/11/2009 20:30 Buño Concello de Malpica e Asoc. de Empresarios de Malpica
07/11/2009 12:20 Carballo Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños. AXOBER
09/11/2009 21:00 Corcubión Asociación de Empresarios de Corcubión
12/11/2009 10:00 Zas Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local. AFIPRODEL
16/11/2009 21:00 Sta. Comba Concello e Asociación de Empresarios
16/11/2009 11:00 Carballo AXOBER
17/11/2009 20:30 Muxía Concello de Muxía
19/11/2009 21:00 Cee Asociación de Empresarios de Cee
20/11/2009 20:00 Vimianzo Concello de Vimianzo
21/11/2009 18:00 Ponte do Porto Camariñas Asoc. Empr. Área Industrial Ponte do Porto