O obxecto do presente estudo é a análise das políticas activas de emprego, tal e como se recolle no decreto de creación dos Pactos 98/2008 de 15 de maio,  nas que participan as distintas administracións e os axentes sociais, na procura dos  marcos de coordinación que melloren o seu funcionamento e a súa efectividade.

Esta análise está pendente de aprobar pola asemblea do Pacto Territorial de emprego da Costa da Morte.

Presentación. Políticas activas de emprego no PTE Costa da Morte

Informe. Políticas activas de emprego no PTE Costa da Morte

Advertisements

Según os últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística correspondentes ao ano 2008, o número de baixas empresariais no noso territorio  incrementouse nun 34% en relación ao ano 2007.

ESTRUTURA EMPRESARIAL

No noso territorio coinciden diversos  proxectos de desenvolvemento entre os que destacan os Grupos de Acción Costeira (GAC) e os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).  Coa finalidade de dar a coñecer as posibilidades que ofrecen cada un deles, elaboramos un resumo  no que se recollen as principais liñas de actuación, prazos, beneficiarios… dos GAC, e en breve publicarase o documento relativo aos  GDR.

Neste documento recóllense tamén os principais datos que figuran na guía do promotor publicada na páxina de Acción Costeira o pasado 23 de setembro.

Descarga (4,16Mb)

Documento  aprobado polo Comité de dirección do Pacto Territorial de Emprego da Costa da Morte o día 18 de xuño de 2009.

Descarga (6,19Mb)