Aínda que o prazo para xustificar as axudas á reindustrialización non comeza ata o 1 de xaneiro de 2011, no documento que figura a continuación podemos ver un resumo dos pasos mais importantes de cara a ír preparando toda a documentación xustificacativa.

Guía de xustificación. Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

GUÍA DE XUSTIFICACIÓN AXUDAS Á REINDUSTRIALIZACIÓN

Advertisements

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio aprobou, dentro da convocatoria de axudas á reindustrialización,  un total de 7.299.479 € para a Costa da Morte cun compromiso de contratación de 76 traballadores e traballadoras.

Descarga directa (200Kb)

O vindeiro luns 8 de marzo,  ás 16:00h no Centro Comarcal de Bergantiños (Buño- Malpica de Bergantiños) terá lugar unha xuntanza entre o Director Xeral de Industria, Jesús Candil Gonzalo e a Asemblea do Pacto Territorial de Emprego da Costa da Morte para dar a coñecer os proxectos subvencionados dentro da convocatoria de axudas á reindustrialización do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

O vindeiro día 6 e 7 de novembro a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) en colaboración co Concello de Carballo, o IGAPE,  a Consellería de Traballo e Benestar e  a Consellería de Economía e Industria organiza a 1ª Xornada empresarial: “Desenvolvemento da actividade empresarial e emprego”

A xornada está dirixida a empresarios,  profesionais independentes, autónomos, emprendedores e técnicos que desexen obter coñecementos para o avance empresarial.

Dentro do programa recóllese a participación da nosa UPD para difundir as axudas para actuacións de reindustrialización do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Descarga do programa

Máis información na páxina web de AXOBER

O pasado 2 de outubro de 2009, na reunión organizada polo Concello de Malpica de Bergantiños, o Director Xeral de Industria, Jesús Candil, explicou aos asistentes ás posibilidades que as axudas de reindustrialización do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ofrecen para o noso territorio.

Vista a oportunidade que isto supón para a Costa da Morte,  elaboramos unha pequena publicación para dar a coñecer os aspectos fundamentais destas axudas.

O martes, 27 de outubro de 2009, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio publicou a convocatoria xeral de axudas para a reindustrialización no ano 2009.

O prazo de presentación de proxectos finaliza o 3 de decembro de 2009 e deben presentarxe de xeito telemático a través do rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Descarga da presentación (3,69 Mb)

Máis información na páxina do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio