O paro sube por quinto mes consecutivo no territorio da Costa da Morte superando a barreira das 13.000 persoas desempregadas.

Descarga informe PPR decembro09  (846Kb)

Advertisements

O desemprego aumenta por cuarto mes consecutivo na Costa da Morte, e faino nunha porcentaxe maior que os tres meses anteriores. Sen embargo, a subida é moi inferior á de novembro do ano anterior.

Na seguinte presentación pódense ver de xeito resumido os principais datos do paro e no informe figura unha análise máis pormenorizada por comarcas e concellos.

Descarga informe completo (1,97 Mb) 

Descarga da presentación (573 Kb)

O pasado 2 de outubro de 2009, na reunión organizada polo Concello de Malpica de Bergantiños, o Director Xeral de Industria, Jesús Candil, explicou aos asistentes ás posibilidades que as axudas de reindustrialización do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ofrecen para o noso territorio.

Vista a oportunidade que isto supón para a Costa da Morte,  elaboramos unha pequena publicación para dar a coñecer os aspectos fundamentais destas axudas.

O martes, 27 de outubro de 2009, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio publicou a convocatoria xeral de axudas para a reindustrialización no ano 2009.

O prazo de presentación de proxectos finaliza o 3 de decembro de 2009 e deben presentarxe de xeito telemático a través do rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Descarga da presentación (3,69 Mb)

Máis información na páxina do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Un gran número de  institucións, tanto públicas coma privadas,  desenvolven a súa actividade no territorio do PT E da Costa da Morte. Sen embargo, a dispersión, a falta de información ou a dificuldade de acceso á mesma réstalles efectividade.

Nun principio, o presente documento só pretendía abarcar as entidades directamente relacionadas co emprego e a formación ocupacional. Sen embargo, a ausencia dunha guía útil que incluíra os datos primordiais das diferentes entidades que operan no territorio, organizadas por ámbitos de actuación, motivou a súa ampliación.

Descarga (2,2 Mb.)

No noso territorio coinciden diversos  proxectos de desenvolvemento entre os que destacan os Grupos de Acción Costeira (GAC) e os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).  Coa finalidade de dar a coñecer as posibilidades que ofrecen cada un deles, elaboramos un resumo  no que se recollen as principais liñas de actuación, prazos, beneficiarios… dos GAC, e en breve publicarase o documento relativo aos  GDR.

Neste documento recóllense tamén os principais datos que figuran na guía do promotor publicada na páxina de Acción Costeira o pasado 23 de setembro.

Descarga (4,16Mb)