Un gran número de  institucións, tanto públicas coma privadas,  desenvolven a súa actividade no territorio do PT E da Costa da Morte. Sen embargo, a dispersión, a falta de información ou a dificuldade de acceso á mesma réstalles efectividade.

Nun principio, o presente documento só pretendía abarcar as entidades directamente relacionadas co emprego e a formación ocupacional. Sen embargo, a ausencia dunha guía útil que incluíra os datos primordiais das diferentes entidades que operan no territorio, organizadas por ámbitos de actuación, motivou a súa ampliación.

Descarga (2,2 Mb.)

Advertisements

En marzo deste ano, o PTE da Costa da Morte, a petición da Consellería de Traballo, informou as 102 solicitudes de cursos para desempregados (antigo plan FIP) que se presentaron no noso territorio ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2008 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregados/as na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2009.

Descarga Informe ADF (178KB)