Aínda que o prazo para xustificar as axudas á reindustrialización non comeza ata o 1 de xaneiro de 2011, no documento que figura a continuación podemos ver un resumo dos pasos mais importantes de cara a ír preparando toda a documentación xustificacativa.

Guía de xustificación. Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

GUÍA DE XUSTIFICACIÓN AXUDAS Á REINDUSTRIALIZACIÓN

Advertisements

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio aprobou, dentro da convocatoria de axudas á reindustrialización,  un total de 7.299.479 € para a Costa da Morte cun compromiso de contratación de 76 traballadores e traballadoras.

Descarga directa (200Kb)

O vindeiro luns 8 de marzo,  ás 16:00h no Centro Comarcal de Bergantiños (Buño- Malpica de Bergantiños) terá lugar unha xuntanza entre o Director Xeral de Industria, Jesús Candil Gonzalo e a Asemblea do Pacto Territorial de Emprego da Costa da Morte para dar a coñecer os proxectos subvencionados dentro da convocatoria de axudas á reindustrialización do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira organiza unha reunión para difundir entre os empresarios as axudas para actuacións de reindustrialización convocadas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Os encargados de explicar as axudas serán os técnicos da nosa UPD e o Deputado Xavier Carro.

Lugar:     Asoc. de empresarios de Soneira. Polígono do Allo,    Baio – Zas

Data:        Xoves 5 de novembro

Hora:       20:30 h

O pasado 2 de outubro de 2009, na reunión organizada polo Concello de Malpica de Bergantiños, o Director Xeral de Industria, Jesús Candil, explicou aos asistentes ás posibilidades que as axudas de reindustrialización do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ofrecen para o noso territorio.

Vista a oportunidade que isto supón para a Costa da Morte,  elaboramos unha pequena publicación para dar a coñecer os aspectos fundamentais destas axudas.

O martes, 27 de outubro de 2009, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio publicou a convocatoria xeral de axudas para a reindustrialización no ano 2009.

O prazo de presentación de proxectos finaliza o 3 de decembro de 2009 e deben presentarxe de xeito telemático a través do rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Descarga da presentación (3,69 Mb)

Máis información na páxina do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio